Que é a paridade electoral?
A paridade electoral é a presenza equilibrada de mulleres e homes no ámbito da representación política.
A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, no seu artigo 44.bis, esixe a composición equilibrada das listas electorais que se presenten nas eleccións ao Congreso dos Deputados, eleccións Locais, a Consellos Insulares, a Cabidos Insulares Canarios, ao Parlamento Europeo e ás Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas.
Esta composición equilibrada de mulleres e homes supón o seguinte:
No conxunto da lista das Eleccións ao Parlamento Europeo, os candidatos de cada un dos sexos non poderán estar representados en menos do corenta por cento. Cando o número de postos para cubrir for inferior a 5, a proporción de mulleres e homes será o máis próxima posible ao equilibrio numérico.