INTERVENCIÓN DO SERVIZO POSTAL NO PROCESO ELECTORAL
Para o correcto desenvolvemento do proceso electoral, tamén é fundamental a participación dun operador postal.
A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, Sociedade Anónima, ten a condición de operador designado polo Estado para prestar o servizo postal universal e o Goberno pode impoñerlle algunhas obrigas de servizo público, cando for necesario para velar polo normal desenvolvemento dos procesos electorais.
Esta imposición vense realizando nos últimos procesos por Acordo do Consello de Ministros.
Son obrigas impostas nestes Acordos aquelas actuacións que se deben realizar unha vez convocado o proceso e que resultan especialmente transcendentais para o seu decurso, pola urxencia e características dos envíos e pola relevancia que supón a custodia da documentación electoral.
Estas obrigas e actuacións refírense a:
- o voto por correo de electores residentes en España dos electores residentes ausentes e de electores temporalmente ausentes,
- o voto do persoal embarcado, do persoal das Forzas Armadas embarcado ou en situacións excepcionais vinculadas á defensa nacional,
- o voto do persoal interno en centros penitenciarios,
- os envíos realizados pola Oficina do Censo Electoral,
- os envíos de propaganda electoral realizados polos partidos políticos,
- a recollida da documentación electoral nas Mesas electorais.
A imposición destas obrigas debe estar suxeita a compensación, é dicir, as persoas implicadas no proceso electoral que utilicen os servizos postais non deben asumir directamente ningún custo. Isto non quere dicir que non teñan custo, xa que é o orzamento electoral o que o asume.
Lei 43/2010(Abrirase unha nova xanela), do 30 de decembro, sobre o servizo postal universal, dos dereitos dos usuarios e o mercado postal.
Orde PJC/284/2024 (PDF)(Abrirase unha nova xanela) do 1 de abril, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 19 de marzo de 2024, polo que se establecen as obrigas de servizo público para o provedor do servizo postal universal nas eleccións que se convoquen durante 2024.