Carteis accesibles

Como consecuencia do convenio asinado en 2021 entre o Ministerio do Interior(Abrirase unha nova xanela) e Plena Inclusión España, nas pasadas Eleccións Municipais e Xerais de 2023 púxose en funcionamento un proxecto piloto polo que se distribuíron carteis destinados a facilitar a accesibilidade cognitiva (persoas con discapacidade intelectual, persoas maiores) nos recintos electorais da cidade de Madrid, e que contou tamén coa colaboración da Delegación do Goberno en Madrid.

Este proxecto consistiu nun total de sete pictogramas que, deseñados por Plena Inclusión, facilitan o acceso e o desprazamento polo local electoral.

Após a boa acollida desta acción e no compromiso de seguir avanzando nas medidas que faciliten o acceso dos colectivos máis vulnerables ao proceso electoral, este proxecto estenderase a todas as capitais de Comunidade Autónoma e ás Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla nas vindeiras Eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño.

Velaquí están os modelos de carteis e a guía para a súa sinalización: