Subvencións por gastos electorais. Eleccións ao Parlamento Europeo
Orde de actualización das subvencións por gastos electorais das Eleccións ao Parlamento Europeo do 9 de xuño de 2024: HAC/350/2024, do 17 de abril (BOE N.º 96 do 19 de abril)
Tipos e requisitos:
Por resultados electorais
- 32.508,74 euros por cada escano obtido.
- 1,08 euros por voto, se se obtivo polo menos un eurodeputado electo.
Por envíos electorais
- 0,17 euros por elector con polo menos 1 eurodeputado e polo menos o 15% dos votos válidos emitidos.
- 0,12 euros por elector con polo menos 1 eurodeputado e polo menos o 6% dos votos válidos emitidos.
- 0,033 euros por elector con polo menos 1 eurodeputado e polo menos o 3% dos votos válidos emitidos.
- 0,021 euros por elector con polo menos 1 eurodeputado e polo menos o 1% dos votos válidos emitidos.
- Só serán subvencionados os gastos electorais ocasionados polo envío directo e persoal aos electores, polo menos dunha comunidade autónoma, de sobres e papeletas electorais ou de propaganda e publicidade electoral, de acordo coas normas anteriores.