Quero votar, pero estarei temporalmente no estranxeiro para as próximas eleccións
A solicitude
Os electores ou electoras que se atopen temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración e desexen exercer o seu dereito de sufraxio poden facelo seguindo un procedemento específico.
Encha o impreso de solicitude, que atopará no consulado xeral ou a embaixada, o ben no apartado “INFORMACIÓN XERAL” desta mesma páxina web.
O impreso debe presentarse persoalmente no consulado ou embaixada.
Para poder formular a solicitude deberá estar inscrito/a no rexistro de matrícula consular como non residente.
Ambos os trámites (solicitude e inscrición) poden realizarse no mesmo acto.
O procedemento
A oficina do censo electoral enviaralle:
-
Unha folla informativa.
-
Papeletas de votación para todas as candidaturas e o sobre de votación.
-
Certificado de inscrición no censo electoral.
-
Un sobre dirixido á mesa electoral correspondente.
-
Impreso para a devolución dos gastos do envío do voto por correo.
Debe introducir no sobre dirixido á mesa electoral:
-
O sobre de votación coa súa opción de voto.
-
O certificado de inscrición no censo.
-
Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos de envío.
Remita o sobre por correo certificado, pode facelo ata o 5 de xuño.
Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.
Máis información na Embaixada ou Consulado e en: https://www.exteriores.gob.es(Abrirase unha nova xanela) y https://www.ine.es(Abrirase unha nova xanela)