Voto CERA

Vivo fóra de España. Como solicito o voto por correo?

Para estas Eleccións Europeas, as Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral remitirán de oficio ao enderezo da inscrición de cada persoa de nacionalidade española inscrita no censo de electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro a seguinte documentación:

  • Un sobre de votación.
  • Dous certificados idénticos de estar inscritos no censo de electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro.
  • Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial.
  • Sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada.
  • Unha folla informativa sobre como exercer o dereito a voto.
  • A relación de centros autorizados para depositar os votos en urna no ámbito da súa demarcación consular.

O envío da documentación por parte da OCE deberase realizar por correo certificado desde o 4 ata o 10 de maio, malia que a este prazo haille que sumar o tempo que tarda en chegar a documentación ao domicilio no estranxeiro.

A OCE tamén remitirá as papeletas oficiais ao enderezo da inscrición de cada elector residente ausente entre o 15 e o 19 de maio se non se impugna ningunha candidatura e, como moi tarde, o 25 de maio en caso de impugnación. As papeletas tamén estarán dispoñibles para a súa descarga nesta páxina web a partir do 13 de maio.

Introduza no sobre dirixido á xunta electoral provincial:

  • O sobre de votación coa súa opción de voto.
  • Un certificado de inscrición no censo.
  • Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matricula Consular expedidas polo Consulado de España no país de residencia.

A partir de aquí pode:

Depositar este sobre en persoa nas urnas para este fin na súa embaixada ou consulado entre o 1 e o 6 de xuño.

Ou remitir este sobre por correo certificado ata o 4 de xuño.

Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada o seguinte:

  • Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial co contido xa indicado.
  • O segundo certificado de inscrición no censo.
  • Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío naqueles países onde non houbese aberto un apartado de correos.

Finalizados os prazos, efectuarase o envío urxente de todos os votos (recibidos por correo ou depositados en urna) ás Xuntas Electorais encargadas do escrutinio.

Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.exteriores.gob.es(Abrirase unha nova xanela) e www.ine.es(Abrirase unha nova xanela)