Procedemento de votación accesible para persoas cegas ou con discapacidade visual
Real Decreto 1612/2007
Quen pode utilizar este procedemento?
As persoas cegas ou con discapacidade visual, inscritas no censo electoral, que saiban utilizar o sistema Braille e que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% ou sexan afiliadas á ONCE poderán solicitar o kit de votación accesible, que contén papeletas e sobres electorais estándar acompañados da documentación complementaria en braille.
O kit de votación accesible será entregado a cada solicitante o día das eleccións na mesa electoral onde lles corresponda votar.
A solicitude
O voto accesible solicítase ao chamar ao teléfono gratuíto do Ministerio do Interior 900 150 000 entre o 16 de abril e o 13 de maio (ambos incluídos).
Deberase facilitar o nome e apelidos do votante, domicilio, número de DNI e un teléfono de contacto.
A votación
O elector ou electora presentarase no día das eleccións na súa mesa electoral onde, previa presentación do DNI, se lle entregará o kit de votación accesible solicitado.
O uso deste procedemento é voluntario, polo que os electores cegos ou con discapacidade visual poden seguir sendo asistidos por unha persoa da súa confianza o día das eleccións.
O kit de voto accesible contén todo o necesario para garantir o dereito a votar de forma independente e en segredo:
-
Papeletas electorais e sobres de votación iguais aos que utiliza todo o electorado.
-
Documentación complementaria en Braille con instrucións sobre o contido do kit e o seu uso.
Co kit de votación accesible, estes electores ou electoras poderán dirixirse aos espazos habilitados, preto da mesa electoral, para poderen manexar alí a documentación con garantías de privacidade.
Tamén poden levar o kit fóra do local electoral e volver máis tarde para emitir o voto.
A continuación o elector/a se dirixirase á mesa electoral onde deberá mostrar o seu documento de identificación:
-
DNI (o resgardo do DNI en trámite non é válido, xa que nel non aparece a fotografía).
-
Pasaporte.
Despois da votación, recoméndase ao elector que leve consigo o kit de votación, xunto con todo o material sobrante, coa fin de garantir o segredo do voto emitido.