Modificacións da LO 8/2007 pola LO 3/2015 que afectan ao límite máximo dos gastos regulado na LO 5/1985.
ARTIGO 17. INFRACCIÓNS E 17 BIS SANCIÓNS
MOI GRAVE:
A superación polos partidos políticos, nun 10% ou máis, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da devandita Lei.
Sanción: Multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido. A sanción non será inferior a 50.000,00 euros.
GRAVE:
A superación polos partidos políticos, en máis dun 3% e en menos dun 10%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da devandita Lei.
Sanción: Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido. A sanción non será inferior a 25.000,00 euros.
LEVE:
A superación polos partidos políticos, en máis dun 1% e en menos dun 3%, dos límites de gastos electorais previstos na Lei Orgánica 5/1985, do Réxime Electoral Xeral, sen prexuízo do establecido no artigo 134 da devandita Lei.
Sanción: Unha multa pecuniaria proporcional do duplo ao quíntuplo do exceso de gasto producido. A sanción non será inferior a 5.000,00 euros.