Se dispuxer do sistema cl@ve ou certificado electrónico, pode presentar aquí(Abrirase unha nova xanela) a súa escusa
Recurso contra a designación: impedimentos e escusas
Os cargos de persoas que integran a Mesa son obrigatorios, e tamén o son os cargos de suplentes.
Nas eleccións do 9 de xuño, os designados disporán de sete días desde a notificación para alegar perante a Xunta Electoral de Zona correspondente unha causa xustificada e documentada que lles impida aceptar o cargo. As persoas maiores de 65 anos que fosen nomeadas poden renunciar no prazo de sete días a partir da comunicación da notificación.
A Xunta Electoral de Zona resolve as alegacións no prazo de 5 días e comunica, no seu caso, a substitución producida ao primeiro suplente. A Xunta deberá motivar sucintamente as razóns para rexeitar as escusas alegadas polos electores para non integraren as mesas. Contra esa resolución da Xunta Electoral de Zona non é admitido recurso en vía administrativa electoral, sen prexuízo de calquera recurso xurisdicional que o interesado estimar pertinente.
Para presentar alegacións, se dispón do sistema cl@ve ou certificado electrónico, poden presentarse a través da aplicación de escusas. Contémplase tamén a posibilidade de recibir e enviar consultas e recursos por fax, sempre que ademais se envíe a documentación orixinal por correo ou por calquera outro medio que permita ter constancia da recepción polo interesado (Acordo da Xunta Electoral Central do 9 de febreiro de 2000)(Abrirase unha nova xanela).
A condición de persoa que integra a Mesa electoral só se perde tras a aceptación pola Xunta Electoral de Zona da escusa alegada pola persoa designada. Ningunha outra persoa ou institución poderá decidir o cambio desta condición.
Se posteriormente calquera das persoas designadas non puidese acudir a desempeñar o seu cargo, debe comunicalo á Xunta Electoral de Zona polo menos 72 horas antes da xornada electoral, achegando as xustificacións pertinentes. Se a imposibilidade de acudir se produce despois deste prazo, o aviso á Xunta Electoral de Zona deberá realizarse de maneira inmediata e, en todo caso, antes da constitución de Mesa electoral (8:00 horas do día da votación). Os suplentes tamén poden alegar escusas que lles impidan formar parte da Mesa.
O cargo da persoa que integra a Mesa non pode ser desempeñado por quen se presente como candidato ou candidata, aínda que o faga noutra circunscrición. Considérase causa xustificada o ter a condición inelixible segundo o establecido no artigo 6 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.
A persoa designada pola Administración para recibir unha copia da acta de escrutinio, para os efectos de facilitar información provisional para os resultados electorais, non poderá compatibilizar esta función coa de persoa que integra a Mesa.
O Presidente ou Presidenta e os vogais das Mesas electorais, así como os respectivos suplentes, que deixen de concorrer a desempeñar as súas funcións, as abandonen sen causa lexítima ou incumpran sen causa xustificada as obrigas de escuso ou aviso previo, incorrerán en pena de prisión de tres meses a un ano ou multa de seis a vinte e catro meses.
- Instrución 7/2023, da Xunta Electoral Central, do 28 de xuño(Abrirase unha nova xanela), de modificación da súa Instrución 6/2011, do 28 de abril, sobre interpretación do artigo 27.3 da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, sobre impedimentos e escusas xustificadas para os cargos de Presidente e Vogal das Mesas electorais