Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (ERTA)
-
Solicitude de voto por correo de electores temporalmente no estranxeiro (ERTA) (PDF): Castellano (Abrirase unha nova xanela), Català (Abrirase unha nova xanela), Galego (Abrirase unha nova xanela), Euskera (Abrirase unha nova xanela), Valencià (Abrirase unha nova xanela)
-
Folla informativa (PDF): Castellano (Abrirase unha nova xanela), Català (Abrirase unha nova xanela), Galego (Abrirase unha nova xanela), Euskera (Abrirase unha nova xanela), Valencià (Abrirase unha nova xanela)
Os electores e electoras que se atopen temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración e desexen votar, deberán solicitalo previamente.
O impreso de solicitude poderá encontralo e descargalo nos Consulados e Embaixadas.
A solicitude cuberta deberá entregarse persoalmente no Consulado ou Embaixada.
Para poder formular a solicitude deberán estar inscritos no Rexistro de Matrícula Consular como non residentes. Ambos os trámites (solicitude e inscrición) poden realizarse no mesmo acto.
O prazo para presentar a solicitude finaliza o día 11 de maio.
A Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar.
Sexa como for, todos os envíos deberán realizarse antes do 28 de maio. A este prazo terá que sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao domicilio no estranxeiro.
En que consiste esta documentación electoral que remite a Oficina do Censo Electoral?
-
Unha folla informativa.
-
Papeletas e sobres de votación
-
O certificado de inscrición no censo.
-
Un sobre no que debe figurar o enderezo da Mesa electoral que lle corresponda.
-
Un impreso oficial destinado a posibilitar o reintegro dos gastos de franqueo, se for o caso.
O elector ou electora deberá seleccionar a súa opción de voto e introducila no sobre de votación.
A continuación, introducirá no sobre dirixido á Mesa electoral o seguinte:
-
Sobre de votación coa papeleta escollida (ou non incluirá papeleta ningunha se o que desexa é votar en branco).
-
O certificado de inscrición no censo.
-
Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío.
Ten ata o día 5 de xuño para remitir este sobre por correo certificado.
Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado correspondente, que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.
O servizo de Correos conservará ata o día da votación a correspondencia dirixida á Mesa e trasladaraa ás 9 da mañá e ata as 20 horas do mesmo día.
Máis información na Embaixada ou Consulado e na web Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación e na web do INE.