Paridade electoral
Que é a paridade electoral?
A paridade electoral é a presenza equilibrada de mulleres e homes no ámbito da representación política.
A Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, no seu artigo 44.bis, esixe a composición equilibrada das listas electorais que se presenten nas eleccións ao Congreso dos Deputados, eleccións Locais, a Consellos Insulares, a Cabidos Insulares Canarios, ao Parlamento Europeo e ás Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas.
Esta composición equilibrada de mulleres e homes supón o seguinte:
No conxunto da lista das Eleccións ao Parlamento Europeo, os candidatos de cada un dos sexos non poderán estar representados en menos do corenta por cento. Cando o número de postos para cubrir for inferior a 5, a proporción de mulleres e homes será o máis próxima posible ao equilibrio numérico.
Máis información:
- Instrución 5/2007, do 12 de abril (PDF) (Abrirase unha nova xanela), da Xunta Electoral Central, sobre aplicación dos artigos 44.bis e 187.2 da LOREG na redacción dada pola Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- Acordo 15/09/2011 da XEC interpretación artigo 171.2 da LOREG (Abrirase unha nova xanela)