9 de xuño, Eleccións ao Parlamento Europeo.
Se es unha persoa cega ou con discapacidade visual grave e coñeces o sistema braille, podes votar con plena autonomía nas eleccións.
Comunícao no teléfono gratuíto 900 150 000 entre o 16 de abril e o 13 de maio.
O día da votación deberás recoller a documentación na túa mesa electoral co teu DNI, incluída a información necesaria en braille.
Ministerio do Interior.
Goberno de España.