Voto dos cidadáns da Unión Europea residentes en España

O 9 de xuño é día de eleccións ao Parlamento Europeo.

Se es residente en España e cidadán da Unión Europea, podes votar.

Para iso debes figurar no padrón municipal e manifestar a túa vontade de votar, ata o 30 de xaneiro, se non o fixeches anteriormente.

Consulta no teu Concello e sigue as instrucións enviadas pola Oficina do Censo Electoral.

Atoparás toda a información no 900 343 232 (novecentos, trescentos corenta e tres, douscentos trinta e dous)

Ministerio do Interior.

Goberno de España.(Abrirase unha nova xanela)